30 de agosto de 2010. As recentes declaracións do conseleiro de Medio Rural na súa visita ao Parque Natural de Corrubedo son algo máis que preocupantes: primeiro pola súa intención (aínda intención?!) de redactar un novo PORN consonte á Lei 42/2007 de Protección do Patrimonio Natural e a Biodiversidade; pero sobre todo pola súa pretensión de “adaptar” a normativa do parque á recente Lei do Solo 2/2010 coa intención de “satisfacer a importante demanda veciñal relacionada con cuestións construtivas na contorna do Parque”, para o que propón a redacción dun “plan especial urbanístico que defina en detalle o réxime de usos e que evite así o actual, lento e complicado trámite administrativo individualizado que debe seguir cada proposta urbanística”. Pois nada: no Ano Internacional da Biodiversidade, Juárez e García-Borregón receitan máis cemento e ladrillo para Corrubedo.
|
|
Ler máis...
|
|
23 de agosto de 2010. Malia á suspensión en 2005 (Decreto 555/2005) da concesión de 32 aproveitamentos hidroeléctricos e á aprobación en 2006 da ILP en Defensa dos Ríos, novas minicentrais amezan a vida dos nosos ríos da man do novo Plano Hidrolóxico. As concesións hidroeléctricas aprobadas polo governo Fraga en funcións e denunciadas polo Consello de Contas, poden ser unha realidade denantes de 2015. Feijóo (daquela vicepresidente) e Hernández (daquela responsabel de Augas de Galiza) pretenden continuar co saqueo dos nosos ríos onde o deixaron en 2005.
|
|
Ler máis...
|
|
17 de agosto de 2010. De aqueles pós veñen agora estas lamas. O desmantelamento por parte do governo Feijóo dos dispositivos do Voluntariado en Defensa do Monte Galego, iniciado trala catástrofe de 2006, exemplifica a política suicida da Xunta en materia de loita contra o lume. Abandono da prevención, esquecemento da sensibilización e da disuasión, recurtes e precarización dos dispositivos de extinción, paralización das UXFOR e privatización encoberta através das SOFOR... Todo adubiado coa censura informativa, a mentira e a manipulación dos datos, conforma o bochornoso espectáculo dun governo superado polos acontecementos e que non aprendeu ren do pasado, agás para botarlle a culpa ao vento.
|
|
Ler máis...
|
|
Ferrol-As Pontes, 12 de agosto de 2010. Dentro da campaña de defensa do Pico Vello, nas portas das Fragas del Eume, ameazado polo proxecto dunha mina de andalucita, este vindeiro 12 de agosto imos xuntarnos para observar a chuvia de meteoros das Perseidas, ou "bágoas de San Lourenzo". O punto de encontro será ás 23:30h no Galhel, moi próximo ao Pico Vello. Sairemos en carro dende Ferrol (ás 22:30 xunta Correos), pasarase por Fene ás 22:45h (no Gadis) até o punto de encontro no Pico Vello, na zona do Galhel ás 23:30h. A observación estará guiada por compañeiros da sección de astronomía da SGHN. Informacion adicional: Nés Lópes, secretario de ADEGA-Ferrolterra (649779774).
|
|
|
Compostela, 27 de agosto de 2010. ADEGA vén de apresentar Alegacións ás DOT (PDF 36 Kb), Directrices de Ordeamento do Territorio, o suposto novo marco para unha planificación territorial sustentábel, e que fronte á realidade actual das políticas públicas son xa papel mollado. Un feixe de determinacións que ficarán derramadas ao bater cunha realidade ben distinta: insubmisión normativa dos concellos, “flexibilización” da Lei do Solo, amnistías e convenios urbanísticos ad hoc, planos sectoriais agresivos, continua “deconstrución” da cativa rede de espazos protexidos…Unhas Directrices que renuncian a intervir sobre as principais causas e consecuencias da actual degradación do territorio, deseñando un país virtual, mentras deixan vixentes as planificacións caducas e insustentábeis responsábeis desa degradación.
|
|
Ler máis...
|
|
20 de agosto de 2010. Alén da escurantista política informativa que está a practicar a Xunta por mor dos lumes, a administración tampouco atende á súa obriga legal de informar á cidadanía encol doutras materias de carácter ambiental. Este dereito está regulado pola Lei 27/2006, que incorpora diversas directivas europeas para garantir o libre acceso dos cidadáns á información e á xustiza en materia de ambiente. ADEGA solicitou á Xunta en repetidas ocasións informacións de carácter ambiental ao amparo desta lei, que a administración ignorou incumprindo o artigo 10.2.c.1º. Os vellos vicios (lembremos as vacas tolas, o Prestige...) son moi malos de deixar.
|
|
Ler máis...
|
|
Ourense, 13 de agosto de 2010. A ocultación de información e a mentira sobre os lumes só amosa a incapacidade dos governantes para afrontar o problema. Feijóo aposta todo á extinción -iso sí, con menos medios, por aquelo da austeridade- confiando como na era Fraga nos elementos e na providencia, e esquecendo a prevención. A supresión dos grupos de Voluntariado en Defensa do Monte, factor chave de concienciación e disuasión, agrava a sensación de impunidade e estende o desleixo da poboación cara o andazo dos lumes. Precisamente o Sr. Feijóo acaba de reclamar a colaboración da sociedade galega contra o lume: niso precisamente consistía o voluntariado que tan cedo encargouse de desmontar. Finalmente, dende ADEGA queremos expresar a nosa dor pola morte de Xulio e Rodrigo, solidarizándonos coas súas familias. LUMES, NUNCA MÁIS !!!
|
|
Ler máis...
|
|
A Coruña, 3 de agosto de 2010. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo, integrada por máis de 30 asociacións ecoloxistas, veciñais, políticas, deportivas e empresariais, decidiu levar o problema de degradación deste espazo ao Parlamento Europeo, ao considerar que a pasividade e a connivencia das autoridades responsábeis (Estado, Xunta e concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo) está criando unha situación de emerxencia ambiental e poñendo en risco continuado a saúde humana. Aliás este sábado 7 de agosto ás 11:30h concentrarémomos na praza do Toural en Compostela, para protestar pola contaminación da ría e amosar as evidencias do seu pésimo estado. Baixa a Denuncia_UE_RÍA_DO_BURGO (185 Kb)
|
|
Ler máis...
|
|