Adega
INICIO Áreas temáticas Biodiversidade
Biodiversidade
Galiza atópase nunha posición moi afastada do centro do continente euroasiático polo que a penas chegan aquí moitas especies frecuentes noutros territorios. Bo exemplo desto é que as montañas do oriente de Lugo son o límite de distribución suroccidental no continente de moitas especies. Por outra banda, en Galiza conflúen dúas rexións bioxeográficas que aportan distintos elementos, a Eurosiberiana (característica da Europa atlántica e continental) e a Mediterránea (típica do entorno da bacía do Mediterráneo), o que aumenta a riqueza de especies da nosa terra.

O particular sistema de asentamento humano en Galiza (disperso por todo o territorio) e a recente febre especuladora co monte (cultivos masivos de eucaliptos e piñeiros, grandes infraestructuras, apertura indiscriminada de pistas, incendios, parques eólicos e un longo etcétera) empobrecen significativamente a cantidade de especies que podemos atopar, o que nos indica un grao de conservación da biodiversidade realmente crítico.

Pódese afirmar con todo o rigor que este é o peor intre para o medio natural galego de toda a historia recente. Enfrontámonos a un tempo no que as estructuras productivas e sociais rurais veñen de ser desmanteladas sen ofrecer alternativa algunha; en definitiva, un programado abandono que deixa un couto libre a calquera cousa que soe productiva aínda que a productividade sexa mínima, curtopracista, especulativa ou ficticia. Todo eso, loxicamente, coa cumplicidade administrativa cando non promovido e executado directamente.

ADEGA propón a adopción de diversas medidas para protexer o noso patrimonio de biodiversidade, entre as que salientamos as seguintes:

  • Desenvolvemento dunha estratexia para a conservación e o uso sustentábel da diversidade biolóxica que introduza de forma efectiva consideracións tendentes a minimización dos impactos ambientais en todos os sectores da actividade económica con incidencia no ambiente (enerxía, forestal, transporte, turismo,...) e no deseño e aplicación das políticas sectoriais.
  • Establecemento dunha rede completa de espazos naturais de protección especial interconectados por corredores ecolóxicos.
  • Elaboración dun catálogo rigoroso de especies ameazadas de extinción de fauna e flora e desenvolvemento de planos de recuperación para as especies en perigo de extinción.


ADEGA impulsou moitas accións a favor da biodiversidade do noso país, da súa divulgación e da súa defensa. En particular, moitos espazos naturais de especial interese foron obxecto da atención de ADEGA: serra do Xistral, costa ártabra, Cospeito, Baldaio, serra da Lastra, Ancares, o río Miño, as fragas do Eume, etc, etc.

pita_do_monte1.jpg
A extinción da pita do monte é só punta a do iceberg da preocupante situación da biodiversidade no noso país. Paradoxalmente, non se coñece (nin probablemente interesa coñecer) a situación de infindade de especies.
lastra.jpg
Gracias ao labor de ADEGA e doutras organizacións ambientalistas conseguiuse que a Consellería de Medio Ambiente decidise declarar a parte galega da serra da Lastra (Valdeorras-Ourense), un dos espazos naturais máis valiosos de todo o noroeste ibérico, Parque Natural.


A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria PDF Imprimir Correo-e
Envia A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria a FaceBookEnvia A Rede Natura e os Parques de Tecnoloxía Alimentaria a Twitter
i27801.jpgA primeira proposta de Galiza para a Rede Natura é aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se tén servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos propietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións.
<div align="justify"><font size="2"><img hspace="15" height="143" width="190" vspace="5" border="0" align="right" src="http://www.adega.info/info/090121joomla/images/stories-mambo/items/i27801.jpg" alt="i27801.jpg" title="i27801.jpg" /></font>A primeira proposta de Galiza para a Rede Natura &eacute; aínda do ano 1.999 (sete anos despóis da Directiva) e, ben a pesar das disposicións da Directiva Europea, durante os sucesivos governos de Fraga apenas se t&eacute;n servido para outra cousa que para especular coa súa protección limitando usos aos propietarios para convertilos en oferta de solo barato para todo tipo de instalacións</div>
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Qué é a biodiversidade PDF Imprimir Correo-e
Envia Qué é a biodiversidade a FaceBookEnvia Qué é a biodiversidade a Twitter

O termo ‘biodiversidade’ está a ser un novo vocablo especialmente popular nos últimos anos e, así, podémolo escoitar en moi diferentes ámbitos e en boca de moi distintas persoas, o que provoca que en moitas ocasións non se teña moi claro qué concepto se agacha tras tal verba ou incluso se chegue a deformar o seu significado.

As raiceiras do concepto de diversidade biolóxica témolas que buscar moi recentemente, tan só a principios da década dos anos oitenta, cando o equipo do biólogo Elliot E. Norse publicou unha serie de traballos sobre bioloxía mariña; logo, no ano 85, Walter G. Rosen foi o primeiro en usar o termo que se popularizou ó dar título a un libro publicado por un dos mellores e máis influíntes biólogos dos últimos anos, o norteamericano Edward O. Wilson.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A Rede Natura 2000 PDF Imprimir Correo-e
Envia A Rede Natura 2000 a FaceBookEnvia A Rede Natura 2000 a Twitter

A creación da Rede Natura 2000 é unha das principais iniciativas europeas para a conservación da natureza. A Rede Natura 2000 será unha rede de espazos naturais protexidos de ámbito europeo que incluirá os hábitats máis representativos do noso continente. A súa implantación é particularmente importante en zonas como Galiza, cun patrimonio importante de biodiversidade e carente dunha auténtica política de protección especial dos espazos naturais máis valiosos.

Os espazos incluídos na Rede Natura 2000 non serán “santuarios” ou “reservas” nas que se prohibirán ou se restrinxirán irracionalmente as actividades humanas. O obxectivo da Rede Natura 2000 é promover o aproveitamento ecoloxicamente sustentábel dos recursos naturais sen degradar o medio. Noutras palabras, fomentar un modelo de desenvolvemento socioeconómico compatíbel coa conservación da natureza, un modelo de desenvolvemento sustentábel.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Triptico sobre a Rede Natura 2000 PDF Imprimir Correo-e
Envia Triptico sobre a Rede Natura 2000 a FaceBookEnvia Triptico sobre a Rede Natura 2000 a Twitter

Editado pola Federación Ecoloxista Galega, este tríptico ofrece unha introducción divulgativa á Rede Natura 2000

triprede.pdf triprede.pdf (1.83 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 




ADEGA