|
11 de maio de 2010. O uso masivo de herbicidas para "limpar" as beiras das estradas increméntase coa crise. Desta volta, na N-550 entre Compostela e A Coruña vertéronse toneladas de herbicidas. A vexetación aparece sospeitosamente seca á beira da estrada e mesmo nos viais de servizo a carón de casas e leiras. Estas práticas, anque legais, comportan serios riscos para a saúde dos ecosistemas e non eliminan o risco de lumes: increméntano pola cantidade de mato seco que fica nas cunetas. Ademais, a chuvia arrastra os químicos que contaminan a terra e os acuíferos penetrando nas cadeas tróficas. Curiosamente, matas da herba da Pampa (Cortaderia selloana) e outras invasoras moi dificiles de erradicar, sobreviven ao fumigado. No ano da biodiversidade, ADEGA recomenda substituir o uso de biocidas para o control da vexetación por rozas mecánicas selectivas, que ademais respecten as frondosas autóctonas, verdadeiros cortalumes naturais.
|
|
Ler máis...
|
|
3 de xuño de 2010. A Bandeira Azul tense convertido en sinónimo de praias en bo estado, mais non significa que o litoral estea ben conservado. Os criterios polos que a FEE-ADEAC (unha fundación internacional privada) concede a Bandeira Azul, atenden principalmente á calidade da auga e aos servizos da praia durante a tempada de baño, e non á conservación dos ecosistemas litorais. Segundo a propia FEE " Identificar y/o premiar aquellas playas más verdes y mejor conservadas ecologicamente, no es función de la Bandera Azul" (Baixa os CRITERIOS da súa web). Así, concellos cuxas vilas e cidades carecen de depuración (A Coruña, Vigo, moitos das rías de Pontevedra e Arousa...), que ademáis practican un urbanismo depredador (Barreiros, Sanxenxo...), ven "premiada" a súa mala xestión coa Bandeira Azul.
|
|
Ler máis...
|
7 de novembro de 2010. Ante o conflito que na Comarca do Carballiño está a xerar a actividade de Compost Galicia, ADEGA quere facer pública a súa opinión co obxectivo de contribuir a unha solución dialogada. En primeiro lugar, queremos expresar unha vez máis o noso apoio á compostaxe como alternativa ecolóxica e sustentábel para a xestión de residuos orgánicos. A compostaxe é un proceso natural e ecolóxico que permite o aproveitamento dos residuos orgánicos como fertilizante seguro, de calidade e hixiénico para as terras produtivas, evitando a contaminación doutras formas de tratar o lixo como o vertido ou a incineración. Os solos de cultivo en xeral, e especialmente os viñedos, teñen na actualidade un grande déficit de materia orgánica, problema ao que esta planta de compostaxe pioneira en Galiza pode axudar a resolver.
|
|
Ler máis...
|
|
 Este sábado 3 de xullo, ven celebrar connosco a entrada do verao cun lume purificador, facho dos novos tempos que se anuncian para estas terras do Alto Ulla e de Galiza.
Haberá música, xantares, queimada e bon humor, nesta xornada de convivio e homenaxe á natureza. Prezo da actividade (aportación solidaria): socios/as 3€; xeral 5€. Para chegares: Ver mapa GOOGLE MAPS Información e inscricións: 638475322.
|
|
Ler máis...
|
1 de outubro de 2011. A concentración de microcistina na auga potábel de Caldas acadou o 5 de setembro o valor máis alto dende que se fan medicións: 0,6µg/l (microgramos por litro) á saída da ETAP (estación potabilizadora). Malia a que o valor límite de referenza é 1µg/l (RD 140/2003), hai que ter en conta que esta toxina ten efectos acumulativos, polo que a presenza na auga de calquera cantidade xa é preocupante. Neste senso, a OMS recomenda unha inxesta diaria tolerábel (IDT) de 0,04µg/kg/día. Isto significa que coa concentración de toxina que ten a traída Caldas (0,6µg/l) todas as persoas de menos de 15 kg de peso (bebés e nenos/as) que beban 1 litro desta auga ao día xa superarían a IDT recomendada. Para ADEGA queda demostrada a ineficacia do tratamento con cortiza no encoro e dos sistemas de potabilización para eliminar a toxina. A única solución para reducir o risco a cero é abrir o encoro e liberar o Umia para evitar a proliferación da microcystis. Analítica_auga_Caldas_5-9-2011 (208 Kb)
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 72 |