Adega
INICIO Delegacións Lugo
Lugo
ADEGA, AEMS e AGCT responsabilizan a 3 administracións da situación irregular do PXOM de Lugo, e non ao río Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA, AEMS e AGCT responsabilizan a 3 administracións da situación irregular do PXOM de Lugo, e non ao río Rato a FaceBookEnvia ADEGA, AEMS e AGCT responsabilizan a 3 administracións da situación irregular do PXOM de Lugo, e non ao río Rato a Twitter

Rato inundacion1Lugo, 2 de maio de 2013. ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, promotores do estudo de inundabilidade do Rato que agora condiciona a aprobación do 5% do PXOM de Lugo, valoraron hoxe en rolda de prensa as responsabilidades que o Concello de Lugo, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Consellaría de Medio ambiente, Infraestruturas e Territorio teñen ao respecto da ordenación da bacía medio-alta do río Rato e de reparar as deficiencias que estes colectivos ecoloxistas atoparon no novo Planeamento Urbanístico da cidade en canto ao grafado e os erros de cualificación do solo que pertence ao dominio público hidráulico e onde se prevén varias edificiacións sobre o leito fluvial e as marxes inundables.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a FaceBookEnvia ADEGA convídate a percorrer este domingo a montaña de Becerreá (Os Ancares) a Twitter

souto carballalLugo, 23 de abril de 2013. O vindeiro domingo, 28 de abril, ADEGA realiza un roteiro pola montaña lucense de Becerreá, ás portas dos Ancares, dentro do programa de roteiros da Galiza Máxica 2012-2013. O percorrido será duns 18 quilómetros aproximadamente e discorrerá desde a aldea de Quintá de Cancelada ata a aldea de Cabana, pasando por varios pobos, fragas, soutos, vales, e ríos. Acompañaranos na nosa marcha o río Donsel. Para reservar praza é preciso chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o pdfCARTAZ.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a FaceBookEnvia Sancionan ao Concello de Lugo por permitir fugas de auga do río Rato denuciadas por ADEGA a Twitter

Rato arquetaLugo, 27 de marzo de 2013. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a raíz dunha denuncia de ADEGA de 2011, vén de acordar unha sanción contra o Concello de Lugo por ter en mal estado unha antiga arqueta de saneamento na mesma canle do río Rato, que se atopa á altura da rúa Pedáneo Xoán Diego, no barrio de Albeiros. Por ela estase a filtrar grande parte da auga do río Rato que, posteriormente, vai parar ao colector xeral de augas fecais procedentes dos polígonos do Ceao e das Gándaras. Alén desta deficiencia, a Confederación observou tamén o mal estado doutras tubaxes e colectores polos que o río perde auga e que, nos meses de verán sobre todo, deixan practicamente seco o efluente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra PDF Imprimir Correo-e
Envia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a FaceBookEnvia Roteiro de Augas Mestas a Doade, pola Ribeira Sacra a Twitter

Ribeira sacra copiaLugo, a 17 de marzo de 2013.- Hoxe percorreremos a parte máis espectacular da ruta “Augas Mestas - Doade”, lugar de singulares lendas, a carón do río Sil polas ladeiras da Ribeira Sacra. Acompañaranos na andaina a Asociación "O Colado do Vento" de Sober, que moi amablemente se ofreceu para guiarnos. A ruta será de 20 km e de dificultade baixa. Este roteiro forma parte do ciclo de roteiros de ADEGA-Lugo 2012-2013 pola Galiza Máxica.  Colabora a asociación “O Colado do Vento” de Sober. Para obter máis información, descarga o pdfCARTAZ.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Envia A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura a FaceBookEnvia A xuízo por unha canteira ilegal en Rede Natura que forneceu de pedra á residencia de Fraga e á Cidade da Cultura a Twitter
ObrasCDC20 de marzo de 2013. Este mércores xúlgase en Lugo aos responsábeis da empresa "Piedra Natural de Muras SL" por promover a canteira "Angelita II" e ocupar a Rede Natura do Xistral. Trala denuncia de ADEGA en 2007, a Fiscalía imputou a dous responsábeis da empresa un delicto contra os recursos naturais e o ambiente, pedindo 5 anos de prisión para cada un e multa de 13.500€. Alén da desfeita no patrimonio natural, este caso exemplifica o escandaloso favoritismo e a conivencia dunha administración (o PP de Fraga) cos infratores: Non só recurtou a Rede Natura do Xistral á medida para acoller esta canteira, fixo a vista gorda cando excedeu dos límites autorizados e ocupou solo protexido, senón que a agasallou con contratos para subministrar pedra á residencia presidencial e á Cidade da Cultura. No banco dos acusados, non están todos os que son...
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 24


ADEGA