|
Un ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.
|
|
Ler máis...
|
 Esta fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo Roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á bacía do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello. Entre as actividades previstas está o sábado 10 un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo 11 realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil. O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo.
|
|
Ler máis...
|
|

8 de maio de 2013. A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui e de cuxo consello asesor fixo parte até decembro de 2011 Luis De Guindos. Outro dato curioso é que no documento, a respeito da minaría do ouro, afírmase que Corcoesto xa foi declarado proxecto industrial estratéxico (pp. 52 e 79), o que non se producíu (aínda). Está claro que intereses moven o plan mineiro da Xunta...
|
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 2 de maio de 2013. ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, promotores do estudo de inundabilidade do Rato que agora condiciona a aprobación do 5% do PXOM de Lugo, valoraron hoxe en rolda de prensa as responsabilidades que o Concello de Lugo, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e a Consellaría de Medio ambiente, Infraestruturas e Territorio teñen ao respecto da ordenación da bacía medio-alta do río Rato e de reparar as deficiencias que estes colectivos ecoloxistas atoparon no novo Planeamento Urbanístico da cidade en canto ao grafado e os erros de cualificación do solo que pertence ao dominio público hidráulico e onde se prevén varias edificiacións sobre o leito fluvial e as marxes inundables.
|
|
Ler máis...
|
|
14 de maio de 2013. A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte: 1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
|
|
Ler máis...
|
A Mariña, 9 maio de 2013. ADEGA e MariñaPatrimonio demandan á Xunta de Galicia que non autorice o paso da autoestrada A-82 por riba do xacemento, posiblemente castrexo, denominado Cova da Senra e situado en Cervo. O xacemento está inventariado desde novembro do ano pasado; aínda así, segue correndo o risco de desaparecer, xa que a Xunta non determinou ningún cambio no trazado da infraestrutura prevista que preserve este monumento arqueolóxico.
Aquí podes ver o xacemento en IMAXES.
|
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 30 de abril de 2013. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO", cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril de 2011 en Santiago de Compostela, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Bases FOTOS, Bases CURTAS; Bases RELATOS
|
|
Ler máis...
|
 Este 28 de abril realizamos o primeiro Roteirríos de 2013. Desta volta percorremos un itinerario polo curso alto do río Lérez, no concello de Forcarei. Logo de adiar o roteiro en dúas ocasións polo mal tempo, á terceira foi a vencida. Iniciamos o roteiro quedando cos participantes na vila de Forcarei para desprazármonos até a aldea de Dúas Igrexas. Dende alí comezamos a camiñar cara o río que pasa a escasos 500m de dito lugar. Antes de chegar ao río e comezar a andar polo camiño de pescadores, Ramsés Pérez, comentou aos asistentes os detalles do itinerario e os diferentes motivos polos que se escolleu o río Lérez.
|
|
Ler máis...
|
|