Adega
INICIO

Trashed, c/ Jeremy Irons

Radio CERNA

radiocerna

Revista CERNA

boton_cerna67

Outras publicacións

bannercadernos

Acceso restrinxido



Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA PDF Imprimir Correo-e
Envia Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA a FaceBookEnvia Derrogación do "decretazo", indulto para David Reboredo e rexeitamento do "fracking", resolucións da 37 Asemblea de ADEGA a Twitter

15 de decembro de 2012. Neste día, ADEGA celebrou en Compostela a súa 37 Asemblea Xeral. Baixo o lema "Rescata o teu ambiente", debatemos sobre a necesaria reposta do movemento ecoloxista á crise e á perda de dereitos, que son tamén ambientais. Alén de continuarmos, como vimos facendo dende hai 37 anos, a termar do ambiente fronte á recolonización e á especulación cos nosos recursos naturais, concordamos tamén en ofrecer propostas en positivo dende o ecoloxismo a nunha sociedade cada vez máis precarizada polo capitalismo. No decurso desta 37 Asemblea, eliximos tamén a nova Xunta Directiva, que preside novamente a compañeira Virxinia Rodríguez. Xa pola noite, na cea anual de confraternización, fixemos entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2012. Accede ao álbum coas fotos dos actos (Ramsés Pérez)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! PDF Imprimir Correo-e
Envia 37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! a FaceBookEnvia 37 Asemblea Xeral de ADEGA: Rescata o teu ambiente! a Twitter
resEste sábado 15 de decembro terá lugar en Compostela 37ª Asemblea Xeral de ADEGA. Será na Casa das Asociacións, en horario de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30. Dende 1976 van xa máis de 10 anos de loita ecoloxista e compromiso co país. Nesta 27 Asemblea ADEGA fará un balanzo do acontecido a nível ambiental este 2012 en Galiza e apresentaremos as liñas estratéxicas arredor das que artellaremos a resposta ecoloxista aos problemas ambientais que nos ameazan e as propostas e iniciativas para que a crise non a acabe pagando ao ambiente. Ese mesmo día celebraremos tamén a cea anual de confraternización no decurso da cal entregaremos os premios Osíxeno e Dioxina 2012.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Envia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a FaceBookEnvia Premios Osíxeno e Dioxina á millor e pior actuación ambiental de 2012 a Twitter
oxdiox212 de decembro de 2012. Nesta data sinalada, ADEGA vén de fallar os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer ás millores e piores actuacións ambientais do ano. 
Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2012:
-Categoría individual: A Alfredo López, ex-presidente da CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños)
-Categoría colectivo: Á Plataforma para defensa da Ría do Burgo.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel:
-Categoría individual: Ao alcalde do Irixo, Manuel Penedo.
-Categoría colectivo: Aos políticos responsábeis da marea negra do Prestige (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Aznar, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Jaume Matas).
Premio OSÍXENO DE HONRA á Plataforma Nunca Máis polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
CERNA 68: Impunidade para quen contamina PDF Imprimir Correo-e
Envia CERNA 68: Impunidade para quen contamina a FaceBookEnvia CERNA 68: Impunidade para quen contamina a Twitter

boton Cerna68Nesta edición de CERNA retratamos a volta da impunidade para quen contamina, nomeadamente para as industrias do litoral, que pasan por riba da lexislación ambiental, das sentenzas xudiciais e da vontade popular, e ao mesmo tempo vense favorecidas polas administracións. O goberno de Núñez Feixóo aprobou un Plano Director da Rede Natura que reduce as cautelas ambientais destes espazos a unha situación comparábel a dos polígonos; a acuicultura industrial acada o recoñecemento de actividade estratéxica para poder asentarse en paraxes que ostenten hábitats prioritarios; o sector da minaría aurífera a ceo aberto e con cianuro estase a abrir camiño en Galiza sen ningún tipo de cancela e as sentenzas xudiciais firmes do Supremo que declaran ilegal o desenvolvemento de certas actividades contaminantes nas rías galegas non se están a executar. Descarrega a pdfCERNA 68 (11 MB)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Moitas Grazas Voluntari@s! PDF Imprimir Correo-e
Envia Moitas Grazas Voluntari@s! a FaceBookEnvia Moitas Grazas Voluntari@s! a Twitter
Arrincando raices de tintureitas5 de decembro de 2012. Dende ADEGA queremos celebrar con vós o Día do Voluntariado. Agradecemos enormemente a participación de todos e todas vós nas actividades organizadas por ADEGA, Proxecto Ríos e A Eira da Xoana, en colaboración con moitísimas entidades ao longo deste 2012, e anos anteriores. Novamente grazas por colaborar con nós nesta a nosa andaina para a conservación e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, sen vós isto non sería posible. Vémonos no 2013
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo PDF Imprimir Correo-e
Envia O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo a FaceBookEnvia O Foro do Camiño Primitivo denunciará perante a UNESCO a delimitación fraudulenta do Camiño Primitivo a Twitter

RP delimitacion2Lugo, 13 de decembro de 2012. O FORO DO CAMIÑO PRIMITIVO, do que fai parte ADEGA, anunciou hoxe en rolda de prensa que recorrerá á UNESCO, ao Comité do Patrimonio Mundial, e a ICOMOS-España para denunciar a fraudulenta delimitación do Camiño Primitivo, aprobada recentemente pola Xunta de Galiza. Esta deixa sen recuperar uns 50 quilómetros da traza orixinal, case a metade do seu percorrido total, e elude a protección dun cento de elementos patrimoniais asociados á vía histórica. É por iso que o FORO pedirá a estes organismos que condicionen a declaración do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade á protección, recuperación e posta en valor da vía orixinaria.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
III Feira da Sustentabilidade na UDC PDF Imprimir Correo-e
Envia III Feira da Sustentabilidade na UDC a FaceBookEnvia III Feira da Sustentabilidade na UDC a Twitter

II feira UDCEste 12 de decembro de 11:00 a 19:00h celebrarase na Facultade de económicas da UDC a III Feira da Sustentabilidade, co fin de achegar á universidade unha mensaxe sobre o consumo responsable. Nesta feira teremos a ocasión de mercar os agasallos de Nadal dun xeito diferente. Dando prioridade ao comercio local, comercio xusto e ao traballo dos artesáns. Do mesmo xeito teremos a oportunidade de coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas. Ao longo da xornada poderemos participar en diferentes obradoiros como elaboración de cosméticos naturais, elaboración de obxectos a partir de papel reutilizado con técnicas de cestería e coñecer os xogos tradicionais. Un membro do Proxecto Fiare explicaranos en que consiste o proxecto da banca ética nunha charla-debate. E por ultimo, poderemos trocar os obxectos que xa non precisamos nun mercadiño de troco.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes PDF Imprimir Correo-e
Envia Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes a FaceBookEnvia Augas hiperácidas con altos contidos de metais pesados enchen o "lago" das Pontes a Twitter

10 de decembro de 2012. Vimos de coñecer os resultados das pdfanálises encarregadas por ADEGA ás augas do mal chamado "lago" das Pontes, resultado do proxecto de Endesa de encher de auga o oco da antiga mina de lignito. Como supoñiamos, a auga da balsa na zona de baño amosa parámetros "normais" de acidez e de metais pesados. Iso sí, carece practicamente de nutrientes e de osíxeno disolto, imprescindíbeis para o mantemento da vida animal e vexetal. Porén, o principal problema vén das augas que drenan as escombreiras "rexeneradas" e que flúen até a balsa nun perímetro de 18 kilómetros. Estas augas, canalisadas por tubaxes e canles artificiais ou escoando dos noiros, teñen unha extrema acidez (pH entre 2 e 3) e cantidades de metais pesados que chegan a multiplicar por 10.000 os presentes na balsa. O panorama dista moito do idílico "lago" que venderon Endesa e a Xunta: É unha balsa mineira morta que paseniñamente énchese de metais pesados e vírase máis ácida.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Un estudo científico evidencia que o novo PXOM de Lugo favorece as inundacións no río Rato PDF Imprimir Correo-e
Envia Un estudo científico evidencia que o novo PXOM de Lugo favorece as inundacións no río Rato a FaceBookEnvia Un estudo científico evidencia que o novo PXOM de Lugo favorece as inundacións no río Rato a Twitter
RP estudo RatoLugo, 5 decembro de 2012. Ante a deficiente ordenación urbanística do río Rato no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e a Asociación Galega de Custodia do Territorio dispuxemos a elaboración dun estudo hidrolóxico e hidráulico encamiñado a identificar de forma detallada a rede fluvial do Rato no seu treito medio-alto (ignorada polo novo PXOM) e a determinar as súas zonas inundables, aos efectos de provocar a necesaria revisión da ordenación proposta nesta zona da cidade de Lugo, tomando en consideración a súa problemática hidrolóxica específica e as súas potencialidades (corredor ecolóxico susceptible de se incorporar á rede de espazos libres públicos da cidade).
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 59

nonanosacosta

Manifestación 17 de maio

30kmh

Redes sociais

adegafacebook

twittergal

Enquisas

Que opinas do traslado de ENCE da ría de Pontevedra?
 

Coa axuda de:

Deputación da Coruña
Deputación de Lugo


ADEGA