Adega
INICIO Novas
Novas de ADEGA-Coruña


ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a FaceBookEnvia ADEGA retira media tonelada do río Bolaños e 60 troitas mortas a Twitter

bolanhos_2

A Coruña, 03 de outubro de 2011.-A participación de ADEGA Coruña na IV Limpeza simultánea do Proxecto Ríos relizouse por primeira vez no río Bolaños, entre o centro urbán de Arteixo e o polígono de Sabón. A cantidade de lixo recollida foi sorpresivamente elevada, uns 500 kg. de lixo nos que predominaron  plásticos, vidros,  material de obra e incluso mobiliario do paseo fluvial, tamén se atopou unha gran cantidade de troitas mortas provocadas por un verquido.  ADEGA Coruña pide á Xunta,  e aos concellos da comarca que aceleren a posta en funcionamento da EDAR de Bens, así como que aseguren o bó funcionamento doutras como é o caso da de Sidalde. Demandan, así mesmo, que se exerza maior control e vixilancia contra o depósito ilegal de refugallos nas contornas fluviais e a posta en valor das súas cabeceiras.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
2000 persoas na marcha pola recuperación da ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia 2000 persoas na marcha pola recuperación da ría do Burgo a FaceBookEnvia 2000 persoas na marcha pola recuperación da ría do Burgo a Twitter
2_09_2011Marcha_Burgo
2 de Outubro de 2011. Unhas 2000 persoas de 30 colectivos  diferentes, pertencentes a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, entre as que se atopa ADEGA, déronse cita  este domingo as 12 da mañá, para pedirlle tanto ao goberno central como ao da Xunta de Galiza que poñan plazo e excuten un plano para rexeneración da Ría do Burgo, onde  só o 21 % da mesma é productivo. Mentras non o fagan, os lodos seguirán avanzando e faranlle un fraco favor a nosa ría. A manifestación rematou xusto onde se producirá o verquido de 37000 litros de queroseno un mes antes.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Participa na marcha pola rexeneración da Ría do Burgo PDF Imprimir Correo-e
Envia Participa na marcha pola rexeneración da Ría do Burgo a FaceBookEnvia Participa na marcha pola rexeneración da Ría do Burgo a Twitter
verquido_ría_do_burgoA Coruña, 27 de setembro de 2011. ADEGA, como membro da Plataforma pola Defensa da ría do Burgo, vai participar na manifestación deste 2 de outubro para esixir á Xunta e ao Estado un plan de rexeneración e saneamento integral da Ría, así como a limpeza das lamas do fondo do esteiro. Esta reivindicación que se vén facendo desde hai anos, volve a reactivarse a través desta marcha que terá lugar un mes despois vertido de 37.000 litros de queroseno no corazón da ría, e sobre o que publicamos este documento sobre os  Efectos do queroseno na Ría do Burgo  (32 Kb) .
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo PDF Imprimir Correo-e
Envia Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo a FaceBookEnvia Xuntanza polo Río Mandeo. 6 de Xullo a Twitter

Betanzos, 5 de xullo de 2011. É por todas e todos coñecida a actual situación que está a padecer o río Mandeo e o seu entorno, contando, a día de hoxe, con diferentes e variadas problemáticas (calidade das súas augas, verquidos incontrolados, hidroeléctricas, vertedoiros, etc), así como con múltiples intervencións, por parte de diferentes administracións e colectivos (Deputación de A Coruña, Xunta de Galicia, colectivos ecoloxistas, sociais, de pescadores, deportivos, conservacionistas, etc), que tentan preservar o valor do río eo seu entorno.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" a FaceBookEnvia ADEGA participará na II Mostra Intercultural Solidaria De Cambre co lema "MÓVETE POLO TERRITORIO" a Twitter

A Coruña, 16 de xuño de 2011. A asociación ecoloxista ADEGA presentará na comarca a súa campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” o próximo sábado día 18 de xuño ás 13.00 horas no centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre). Esta presentación terá lugar no marco da celebración da II Mostra Intercultural Solidaria de Cambre, que terá lugar ao longo do próximo fin de semana, e onde estarán presentes diversas entidades asociadas ao mundo da cooperación e a solidaridade.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
ADEGA denuncia a tala de carballos na fraga de Cecebre, autorizada pola Xunta PDF Imprimir Correo-e
Envia ADEGA denuncia a tala de carballos na fraga de Cecebre, autorizada pola Xunta a FaceBookEnvia ADEGA denuncia a tala de carballos na fraga de Cecebre, autorizada pola Xunta a Twitter

A Coruña, 14 de abril de 2011. ADEGA vén de denunciar a tala de especies autótonas (carballos e castiñeiros) na fraga de Cecebre (Cambre), tala que contou co beneplácito da Xunta. Ao permitila, a administración está a facerlle un fraco favor ao noso bosque autóctono, precisamente no Ano Internacional das Florestas. Os feitos parécennos especialmente graves, ao ser este espazo unha das fragas máis coñecidas do País: “A Fraga de Cecebre”, ou “O Bosque Animado”, que serviu de inspiración ao literato Wenceslao Fernández Flórez para o libro do mesmo titulo. Neste 14 de abril, actuacións coma esta, e declaracións coma as do conselleiro responsábel dos bosques, o Sr. Juárez, de que as queimas controladas son "convintes para os ecosistemas" poñen a xestión das nosas florestas ao nivel dunha república bananera.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 7


ADEGA