![]() |
| Rematan os roteiros de ADEGA-Lugo cun percurso reivindicativo polo río Xallas |
|
|
|
|
Este é o río con máis potencia hidroeléctrica instalada na bacía Galicia-Costa, aínda así, a día de hoxe atópase ameazado de morte polas pretensións económicas dunha empresa, Ferroatlántica, que pretende construír outras tres novas centrais nun treito do Xallas no que xa conta con 5 aproveitamentos e 4 encoros. No obstante, a paisaxe e a natureza destes lares é espectacular, e teremos a oportunidade de observar algúns dos poucos treitos de río virxes que se conservan, e marabillarnos coa beleza da Devesa de Anllares, única por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa. O inicio do roteiro terá lugar en Ponte Olveira. É xusto no límite entre os concellos de Mazaricos e Dumbría. De feito, o río Xallas é o límite natural entre ambos. Ademais, o inicio do roteiro correspóndese cun punto de parada do Camiño de Santiago, polo cal se fará a maior parte da ruta. Tras visitar Ponte Olveira, seguiremos a ruta do Camiño de Santiago, pasando en todo momento pola marxe dereita do Río Xallas, correspondente ao concello de Dumbría (a marxe esquerda pertence a Mazaricos). Deixaremos atrás o lugar do Hospital, e finalizaremos en Xestosa, onde baixaremos pola beira do río ata a Devesa de Anllares, onde se ten previsto acometer as obras da terceira minicentral proxectada (a de Novo Castrelo). Volveremos ao lugar de Xestosa, e logo colleremos o bus para ir ao mirador de Santa Uxía, desde alí veremos o mar, o concello de Fisterra, o lugar do Ézaro, o Monte Pindo e a Fervenza do Xallas. As vistas son únicas, cheas de paz e harmonía, que sen dúbida son o remate perfecto deste roteiro reivindicativo na fin da terra. O percorrido será de aproximadamente 15 quilómetros á beira do Xallas, de dificultade media/baixa e trazado suave. Imprescindible anotarse previamente no 679113718 (Mari Luz) ou 982240299 (ADEGA Lugo).
Prégase puntualidade e o aviso previo no caso de non poder asistir.
SAÍDAS: Lugo: fronte a Escola de Maxisterio (Av. Ramón Ferreiro), ás 8:00 horas.
Compostela: diante do Pazo de Congresos (San Lázaro), ás 9.30 horas.
Prezos: Normal.................................................................................... 15 € Estudantes, xubilad@s e no paro..................................... .....12 € Soci@s................................................................................... 10 € Ata 17 anos............................................................................. 5 € |
Manifestación 17 de maio: PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! |
Primavera ambiental na UDC |
Cursos de formación de voluntariado ambiental da CEMMA |
IV mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas |
VII campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Limpeza simultánea de praias 2012 |
IV congreso internacional de agroecoloxía e agricultura ecolóxica en Vigo |