![]() |
| Limpeza de ríos nos concellos de Tabeirós -Terra de Montes |
|
|
|
Comeza a nova temporada de inspeccións de río na comarca Tabeirós-Terra de montes. Os voluntarios e voluntarias do proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez farán saídas aos ríos durante este mes e o seguinte para comprobar o seu estado de saúde.A limpeza celebrarase nos concellos de A Estrada, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures e Valga. Nestes lugares varios voluntarios e voluntarias farán do domingo un día de concienciación social, limpeza e voluntariado ambiental. Serán varias as asociacións, entidades e concellos que participan na limpeza. Se estás interesado/a en participar nalgunha destas limpezas chama ao teléfono do/a coordinador/a que se indica.
O proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez, é unha actividade promovida por ADEGA e financiada por FEADER, AGADER, GDR Umia Ulla Lérez e Xunta de Galicia (Consellería de Medio Rural). Para esta limpeza tamén colaboran os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Pontecesures e Valga. |
Primavera ambiental na UDC |
Construción dunha charca e eliminación de invasoras na UDC |
VIII Campo de voluntariado ambiental do río Tea |
Festival da diversidade natural e cultural na Eira da Xoana |