|
16 de maio de 2013. Unha representación dos movementos sociais galegos, plataformas veciñais, concellos e organizacións ecoloxistas vimos de asistir a unha audición no Parlamento Europeo, organizada polo grupo Verdes-ALE, para debater sobre a megaminaría contaminante. Os proxectos mineiros de Corcoesto, A Limia, Cartelle-Ramirás e Castrelo son só algúns das ducias de ameazas que nestes intres pairan sobre a nosa terra debido á cobiza dalgunhas empresas e á conivencia e a corrupción dalgunhas administracións. Dende ADEGA esixímoslle ao Parlamento Europeo que faga os seus deberes e lexisle (abonda xa de resolucións) para prohibir determinadas prácticas mineiras que como o uso do cianuro ou o "fracking" poñen en perigo a terra e a vida especulando indecentemente coa saúde da cidadanía.
|
|
Ler máis...
|
|
14 de maio de 2013. A Comisión Promotora da ILP e todas as entidades que con ela teñen colaborado ao longo do proceso de redacción e difusión do texto e recollida de sinaturas, desexamos manifestar o seguinte: 1º Lamentamos fondamente a decisión do Partido Popular de rexeitar considerar as bondades do texto que se formulaba e as solucións que sen dúbida achegaría ao problema que supón na nosa terra a situación actual do tratamento dos residuos que tod@s @s galeg@s xeramos día a día. E lamentamos tamén as razóns esgrimidas para facelo.
|
|
Ler máis...
|
|

8 de maio de 2013. A Xunta vén de presentar o Plano Sectorial de Actividades Extractivas (PSAEG), documento polo cal ningún solo, por moita protección que teña, estará libre de minas. É o derradeiro cravo co que o PP remacha o anuncio de "Galiza é unha mina", e que permitirá á patronal mineira asaltar novos territorios até agora vedados: Espazos naturais, paisaxes protexidas, xacementos e monumentos históricos... Na redacción do documento, dirixido pola Cámara Mineira, participou unha importante consultora, EPTISA, que preside o ex-banqueiro Ángel Corcóstegui e de cuxo consello asesor fixo parte até decembro de 2011 Luis De Guindos. Outro dato curioso é que no documento, a respeito da minaría do ouro, afírmase que Corcoesto xa foi declarado proxecto industrial estratéxico (pp. 52 e 79), o que non se producíu (aínda). Está claro que intereses moven o plan mineiro da Xunta...
|
|
Ler máis...
|
|
Lugo, 30 de abril de 2013. Dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO", cuxo lanzamento tivo lugar o 16 de abril de 2011 en Santiago de Compostela, e debido ao éxito das anteriores edicións, con medio centenar de relatos e outras tantas fotografías, así como unha ducia de curtametraxes. ADEGA convoca de novo os concursos de fotografías, de relatos e de curtametraxes, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos están patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo. Bases FOTOS, Bases CURTAS; Bases RELATOS
|
|
Ler máis...
|
 Este 28 de abril realizamos o primeiro Roteirríos de 2013. Desta volta percorremos un itinerario polo curso alto do río Lérez, no concello de Forcarei. Logo de adiar o roteiro en dúas ocasións polo mal tempo, á terceira foi a vencida. Iniciamos o roteiro quedando cos participantes na vila de Forcarei para desprazármonos até a aldea de Dúas Igrexas. Dende alí comezamos a camiñar cara o río que pasa a escasos 500m de dito lugar. Antes de chegar ao río e comezar a andar polo camiño de pescadores, Ramsés Pérez, comentou aos asistentes os detalles do itinerario e os diferentes motivos polos que se escolleu o río Lérez.
|
|
Ler máis...
|
30 de abril de 2013. En relación á recente sentenza da Audiencia Provincial de Lugo absolvendo de delicto contra o medio ambiente aos responsábeis e director facultativo da canteira "Angelita" de Muras que dende 2003 ao 2006 forneceu de pedra á Cidade da Cultura, dende ADEGA anunciamos que será recorrida. O fallo, a pesares de recoñecer que se tratou dunha actividade ilegal por carecer de licenzas, incumprir a declaración de impacto e invadir un espazo da Rede Natura 2000, non recoñece a presenza de hábitats prioritarios minimizando o dano ecolóxico, a teor dun informe do "Instituto de Investigaciones Tecnológicas" da USC asinado polo Prof. Felipe Macías (o mesmo que avalou os eólicos no Xistral). Dito informe é manifestamente falso e lixa o prestixio dunha institución, a USC, que debera realizar con urxencia unha auditoría científica e económica do dito IIT. A USC non pode prestarse a fabricar mentiras para defender un negocio privado!
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 44 |