![]() |
| A xente non quere ser fumigada para que as papeleiras sigan co seu negocio |
|
|
|
|
Entre as accións informativas desenvolvidas, repartíronse centos de panfletos e fixéronse perfomances con persoas caracterizadas como abellas, apilcultores e fumigadores. Esta acción realizada hoxe serviu para constatar a falla de información existente entre a poboación que vai sufrir directamente as fumigacións e a súa fonda preocupación ao coñecer o que se lles vén enriba. Así, informouse a sectores profesionais seriamente ameazados, como produtores e produtoras de mel e hortalizas, ou titulares de explotacións ecolóxicas. Mais, alén destas persoas, informouse tamén á cidadanía en xeral das consecuencias nefastas que estas fumigacións poden ter para o medio ambiente e a saúde das persoas e da fauna, especialmente das abellas, que corren serio perigo de extinguirse na Galiza se a Xunta autoriza as fumigacións, con repercusións catastróficas para sectores como o da horta ou a froita, amais do apícola, que se verán privados do seu principal axente polinizador. |
Lume novo na Eira da Xoana |
Roteiro de ADEGA-Lugo polas Augas Santas de Allariz |
Mercados ecolóxicos en defensa da Terra en Quilmas |
Concentración en Sarria contra as touradas |
Curso de verán na UDC: Deseño de proxectos de conservación a nível local |