25 de abril de 2013. ADEGA considera gravísimos os feitos postos de manifesto pola investigación da Fiscalía Ambiental, coa masiva concesión de licenzas de caza ilegais no Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña, caso que instrúe o xulgado nº 3 da Coruña. Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os "beneficiarios" realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha "mordida" aos conseguidores da administración. ADEGA esixe o cese inmediato do xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, ao parecer titular tamén dunha destas licenzas, e do Director Xeral de Conservación García-Borregón: Ou non coñecían estes graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.
|
|
Ler máis...
|
|
23 de abril de 2013. En ADEGA seguimos a traballar a temática dos residuos co obxectivo de reducir a súa xeración e camiñarmos cara ao residuo cero. Desta volta, tentaremos sacar do contentor de SOGAMA a roupa para que se reutilice ou, de non ser posíbel, reciclar os seus materiais. Para iso, acabamos de unirnos á rede de recollida de roupa Equus Zebra, unha ONGD que traballa na Coruña fomentando a reutilización e a reciclaxe téxtil e criando postos de traballo entre a poboación en risco de exclusión social. As nosas sés de Compostela e Lugo funcionan dende xa como puntos de recollida. E lembra que coa túa colaboración tamén contribúes a reducir o volume de refugallos que vai ao vertedoiro e aos fornos de SOGAMA.
|
|
Ler máis...
|
|
22 de abril de 2013, Día da Terra. ADEGA celebra o Día da Terra cunha semana de actividades e propostas para contribuirmos con solucións e compromiso a enfrontarmos os problemas ambientais, quer o cambio climático. Este ano as Nacións Unidas propoñen a colaboración das persoas e comunidades para poñerlle cara ao cambio climático, un problema global que está ficando nun segundo plano debido á crise económica, e que xa ten repercusións na nosa vida diaria. Para a expoñer en positivo as iniciativas para combater o cambio climático, ADEGA proponvos participar nun Encontro Solar (24 de abril na UDC); coñecer a iniciativa sobre o Camiño Escolar (26 de abril) que vai comezar en Carballo; formarte como auditor/a dos nosos ríos (27 de abril) ou participar nun roteiro para coñecer os proxectos de custodia fluvial (28 de abril).
|
|
Ler máis...
|
|
18 de abril de 2013. Representantes da Comisión Promotora da ILP "PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA" vimos de reuirnos co grupo parlamentar do PP para lle demandar un posicionamento a favor da toma en consideración desta iniciativa. Pedro Puy, voceiro parlamentar do PP, comprometeuse cando menos a non demorar a inclusión na orde do día do Pleno, e a que a ILP da reciclaxe sexa debatida denantes do verán. Trátase dunha boa nova, que garante que a iniciativa dos máis de 21.000 galegos e galegas que apoiaron esta ILP non vai ficar esquecida nun caixón, mais non implica que o grupo maioritario a vaia apoiar.
|
|
Ler máis...
|
|
O pasado sábado 13 de abril, ADEGA organizou a primeira xornada de voluntariado ambiental dentro da iniciativa Charcas con Vida, un novo proxecto que ten como obxectivo concienciar á cidadanía da importancia das charcas nos ecosistemas galegos, alertalos ante a desaparición das mesmas e animar a grandes e pequenos a achegarse a estes interesantes hábitats. Como actividades de voluntariado ambiental ADEGA organiza xornadas para a construción de charcas, a primeira creouse na Eira da Xoana o pasado sábado. ALBUM DE FOTOS DA XORNADA.
|
|
Ler máis...
|
|
17 de abril de 2013. A Xunta vén de apresentar o definitivo Plano Director de Acuicultura (PDA), o instrumento legal que permitirá á patronal acuícola asaltar a Rede Natura, comezando por Touriñán. Ducias e ducias de páxinas de infografías e retórica, ao estilo dos libros brancos fraguianos, para xustificar que toda a nosa costa é susceptíbel de acoler piscifatorías. Sen zonas de exclusión, sen medidas para reducir impactos sobre o territorio e os recursos naturais máis aló da cosmética, sen informe de viabilidade económica nen orzamento... A Xunta teima en apoiar o "sistema PESCANOVA", un modelo fracasado baseado na especulación, o produtivismo e a desregulación ambiental, cunha ínfima criazón de emprego. Semella que nin Feijóo nin Fernández de Sousa aprenderon nada da nefasta experiencia de Pescanova en Mira...
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 44 |